AECALPO Asociación de Empresas del Cerramiento de Galicia

986 108 025 | FAX 986 89 67 32 aecalpo@aecalpo.com

Menu
A Xunta de Galicia concede a AECALPO unha subvención para a contratación dun traballador para o asesoramento nas novas normativas do sector.

A Xunta de Galicia concede a AECALPO unha subvención para a contratación dun traballador para o asesoramento nas novas normativas do sector.

By In Noticias Destacadas On 17 diciembre, 2017


A Consellería de Economía, Emprego e Industria resolveu o expediente de solicitude de axuda para a contratación dun trabajallor desempregado que realizará labores administrativas dentro do servizo de asesoramento nas novas normativas aplicables as empresas do sector do cerramento en Galicia. AECALPO xa conta, dende o pasado día 18 de decembro con este servizo. A axuda está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil.

Dende o pasado día 18 de decembro a Asociación conta cun novo empregado na sua plantilla, ó concederse por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria a solicitude presentada no seu día no marco do Procedemento TR352C – Subvencións para a contratación de Traballadores Desempregados polas Entidades sen ánimo de Lucro.

Os custes do traballador serán cofinanciados porlo Fondo Social Europeo e a Inciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

O obxectivo prioritario é que desenvolva o servizo de “asesoramento nas novas normativas aplicables as empresas do sector do cerramento”, para o cal realizará diversas tarefas, entre as que cabe destacar actuacións encamiñadas a informar das novas normativas que entrarán en vigor en breve coma por exemplo as novas formacións en materia de prevención de riscos laborais recollidas no II convenio colectivo estatal do sector do metal, as modificacións na lei de protección de datos que entrará en vigor no próximo mes de maio, etc… Sen esquecer as referidas o marcado CE dos productos que se fabrican ou as obrigas legais das empresas.


Si continuas utilizando este sitio aceptas el uso de cookies. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar