• español
  • galego
 
 aecalpo

AECALPO ASOCIACION DE EMPRESAS D0 CERRAMENTO de Galicia refundouse un 23 de Xullo de 2004 coma consecuencia da transformación da anterior Asociación de Empresarios de Carpinterías do Aluminio da provincia de Pontevedra, entidade fundada no 14 de Setembro de 1996 grazas ás inquedanzas dun reducido grupo de empresarios preocupados por mellora-la deteriorada imaxe do sector.

Dende esa data até hoxe percorreu un longo camiño que deu ós seus froitos nuna AGRUPACION CONSOLIDADA e que é capaz de ofrecer ás empresas que forman parte dela unha serie de valores engadidos na sua xestión.

AECALPO manten unhas instalacions axeitadas para o desenrolo das súass actividades, tanto formativas coma informativas, ademais de contar con persoal altamente cualificado para resolver cualquera imprevisto que se demandase.

Os fins que persegue definen-se no artígo 6º dos Estatutos Asociativos en vigor, na maneria que, entre outros mandatos debe:

* Representar, defender e promociona-los intereses socioeconómicos das empresas asociadas.
* Promociona-los dereitos, intereses e prestixio do sector que representa.
* Establecer e potenciar intereses comuns.
* Fomenta-la formación profesional, empresarial e social.
* Actuar coma portavoz ante cualquera clase de autoridades e organismos.

En resumen, aglutinar ó sector do cerramento para darlle un carácter de maior PROFESIONALISMO, logra-la potenciación dos seus RECURSOS HUMANOS, conquerí-la mellora dos MEDIOS TECNICOS e alcanza-la optimización dos seus RECURSOS ECONOMICOS.

A súa política de negociación con entidades e empresas especializadas en actividades profesionais concretas, a través de convenios de colaboración permanentes, permite cubrir casi cualquera parcela da actividade empresarial.

En definitiva, unha asociación dinámica feita por profesionais para os profesionais.

copyright © 2007 aecalpo - aviso legal - desarollado por mAs impacto